HomesociedadeIniciativas de atención á poboación xitana, inmigrante e en risco de exclusión

Iniciativas de atención á poboación xitana, inmigrante e en risco de exclusión

A Consellería de Política Social financia con 1,2 millóns de euros os programas de emerxencia e inclusión social de 14 concellos da provincia de Lugo en apoio dos colectivos en situación de vulnerabilidade.

Publicado o

- Advertisement -

Entre as iniciativas que os servizos sociais municipais desenvolverán -co apoio da Xunta- están os programas de inclusión da poboación xitana, inmigrante e persoas en risco de exclusión social que engaden, por primeira vez, un programa específico para a atención ás persoas sen fogar.

O orzamento destinado polo Goberno galego para estas accións duplica o previsto o ano anterior e inclúe a ampliación do período para levar a cabo os programas subvencionados, que se eleva de 16 a 20 meses, para que os concellos que os impulsen conten con máis continuidade.

Catro concellos da provincia (Lugo, Monforte, Quiroga e Viveiro) repártense un total de 290.061,71 euros para o programa de apoio á comunidade xitana.

O segundo programa financiado é o dirixido á inclusión social da poboación inmigrante, con 290.061 euros a distribuír entre outros catro concellos, en concreto, os de Burela, Lugo, Viveiro e Vilalba.

A terceira das accións financiadas é a promovida polo Concello de Lugo, que recibe 68.772 euros para o programa de apoio a situacións de emerxencia social.

Finalmente, máis de medio millón de euros (572.178 euros) servirán para apoiar os programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores de once municipios da provincia: os de o Viveiro, Vilalba, Sober, A Pobra do Brollón, Pantón, Monforte, Mondoñedo, Guitiriz, Chantada, Carballedo e Burela.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...