HomesociedadeGala de Maxia en Sarria e pista de xeo no Saviñao

Gala de Maxia en Sarria e pista de xeo no Saviñao

Para este día de Nadal os concellos de Sarria e do Saviñao ofrecen alternativas de ocio para os máis pequenos e pequenas da casa.

Publicado o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Sarria acolle o 25 de decembro pola tarde, ás 17:30 h., unha gala máxica na que compartirán escenario o mago local Roberto Lolo e o mago revelación deste 2019, o Mago Iago.

A historia de Iago, un mago precoz de tan só 6 anos, vai ligada a Roberto Lolo pois foi este quen lle ofreceu a principios deste ano a participación nun concurso de talentos en Sarria, no entroido. A partir deste momento, e do artigo en Xornal de Lemos todo hai que dicilo, Iago empezou a ser reclamado para participar en eventos como as festas de Paradela, actuacións en colexios, no Luar incluso, e este pasado 20 de decembro no Concello do Saviñao.

Roberto Lolo e Mago Iago, estarán, pois, xuntos no escenario da Casa da Cultura de Sarria neste día tan especial. A entrada é de balde pero advirten que o aforo é limitado, co cal cómpre ir con tempo para non quedar fóra.

Inchables e pista de patinaxe no Saviñao

Outra alternativa interesante para os pequenos e pequenas neste 25 de decembro é achegarse ao Concello do Saviñao. Alí, no Pavillón Municipal, haberá entre as 16:30 e as 20:30 h. espectaculares inchables e unha pista de xeo para patinar. A entrada é de balde para aqueles que estean empadroados no concello e custará 3 euros para o resto de xente. Inchables e pista de patinaxe estarán abertos ao público ata o 28 deste mes.

Festa de Inchables, Nadal 2017. Fonte: Concello do Saviñao

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...