HomeSucesosTrasladado ao Hospital de Ourense un operario tras caer dun tellado en...

Trasladado ao Hospital de Ourense un operario tras caer dun tellado en Carballedo

Publicado o

- Advertisement -

Un operario tivo que ser trasladado este domingo ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) despois de precipitarse do tellado no que traballaba en Carballedo.

En concreto, segundo informa o 112, o suceso ocorreu no lugar de Mundín. Ao redor das 14,30 horas da tarde un particular chamou ao servizo de emerxencias para solicitar asistencia sanitaria para un home que se caeu dun tellado do que limpaba os canlóns.

Seguidamente, o 112 puxo os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias-061, que, debido ás lesións do traballador, mobilizaron ao helicóptero medicalizado ata o punto, ademais dunha ambulancia con persoal sanitario.

Tamén foron informados o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil da localidade. Finalmente, tal e como confirmaron os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia, o ferido foi evacuado na ambulancia acompañado polo persoal facultativo ata o CHUO.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...