HomeMedio ambiente e PatrimonioUn incendio forestal arrasa case 30 hectáreas no Incio

Un incendio forestal arrasa case 30 hectáreas no Incio

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio forestal declarado no municipio do Incio na tarde do mércores 1 de xaneiro quedou controlado este xoves de madrugada tras queimar máis de 29 hectáreas de superficie.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 18,07 horas do mércores na parroquia de San Salvador do Mao, no termo municipal do Incio, e quedou controlado ás 4,00 horas deste xoves.

As primeiras estimacións apuntadas por Medio Rural sitúan a superficie afectada por este lume en 29,8 hectáreas, das cales 23,8 son de monte raso e seis de arboredo.

Na extinción traballaban tres axentes, oito brigadas e tres motobombas, concretou a Consellería do Medio Rural.

Vista do incendio no Incio | @Incendiosgalic1 no Twitter

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...