Esta liña de axudas ten por obxecto, en verbas do Alcalde, José Tomé Roca, “fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios”.
A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2019 ascendeu a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de cada subvención.
Quedaron excluídas desta liña de axudas as entidades e asociacións de carácter exclusivamente cultural, veciñal, xuvenil, deportivo, ANPAS e profesionais. As subvencións aprobadas pola Xunta de Goberno do Concello foron:
NÚM. | ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO | IMPORTE SUBVENCIÓN |
1 | AGORA | 2.000 € |
2 | AUXILIA | 2.000 € |
3 | ALBORES | 2.000 € |
4 | AFAMÓN | 2.000 € |
5 | CIOR GALICIA | 2.000 € |
6 | RULIÑOS TERRA DE LEMOS | 802,85 € |
Todas estas axudas son independentes das actividades que se levan a cabo dende a Concellería de Servizos Sociais dentro do programa Activa Monforte, que se desenvolven no Centro Cívico e nas diferentes parroquias do Concello.