HomesociedadeA televisiva Tamara Pérez chega a Monforte con 'Soul & Roll'

A televisiva Tamara Pérez chega a Monforte con ‘Soul & Roll’

Este sábado 11 de xaneiro o dueto ourensán, do que forma parte xunto con Miguel Araujo, ofrecerá unha velada co mellor dos 80 e dos 90 no local Awa de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Música en directo para animar a velada deste sábado nun dos pubs de referencia da noite monfortina. O espectáculo musical acústico de Soul & Roll, programado para as 23:30 h., levaranos a escoitar eses temas dos oitenta e dos noventa que nunca se foron de todo, polo menos para a xeración do “baby-boom” español.

O repertorio de Miguel Araújo e Tamara Pérez, guitarra e voz do grupo respectivamente, está coidadosamente escollido ofrecendo unha selección de cancións emblemáticas e grandes clásicos do pop-rock español dos anos 80 de grandes artistas como Luz Casal, Miguel Ríos, Mecano, La Guardia, Siniestro Total, Los Secretos, Danza invisible, Manolo García, Antonio Flores, Nacha Pop, Alaska… e tamén dos anos 90 e actualidade como Fito e Fitipaldis, La Oreja de Van Gogh, Mclan, Manolo García, Maná…

Soul & Roll, Tamara Pérez e Miguel Araujo

Ademais deste repertorio en español, tamén haberá ocasión de escoitar unha escolma de grandes temas internacionais de onte e de hoxe de artistas como Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Journey, Police, U2, Bon Jovi, Nirvana, Guns and Roses, Jason Mraz, Avicii, Pharrel Wiliams, Bruno Mars, Adele, Rihana, Camila Cabelo, Ed Sheeran… e moitos máis que poden aparecer durante o concerto…

Tamara Pérez traballou en orquestras durante anos e participou no concurso ‘Recantos’ (2011) do Luar, importante trampolín na súa carreira. Ademais da música, co dueto Soul & Roll, leva anos traballando no medio televisivo. Despois de varios anos como presentadora en Tele Miño -Ourense- actualmente traballa na TVG e destaca como colaboradora no programa Bamboleo. Miguel Araujo, tamén con experiencia en orquestras, é músico e compositor. Actualmente compaxina as clases de música con actuacións co grupo por toda Galicia.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...