HomeComarca de SarriaLáncaraDenuncian que a batida de raposos en Triacastela e Láncara "agravaría" a...

Denuncian que a batida de raposos en Triacastela e Láncara “agravaría” a praga de toupas

A Federación Rural Galega (Fruga) lembra que o raposo contribúe a controlar a presenza destes roedores, así que piden paralizar o torneo para non facilitar unha proliferación maior de ratas.

Publicado o

- Advertisement -

A Federación Rural Galega (Fruga) reclamou este xoves á Xunta a paralización do XXV Campionato de Caza do Raposo previsto para esta fin de semana na zona do Iribio, xa que a batida de raposos “agravaría” a praga de toupas que afecta esta área.

Nun comunicado, Fruga lembra que a zona na que se vai celebrar o torneo (Láncara e Triacastela) está baixo unha situación “fóra do común” pola gran proliferación de ratas toupa, unha especie que causou danos en cultivos por valor “de preto de dous millóns de euros”.

O RAPOSO AXUDA A CONTROLAR A PRESENZA DE ROEDORES

“Precisamente, é o raposo o principal elemento de control biolóxico desta especie de roedores, polo que unha cazaría como a que se propón serviría para agravar aínda máis a situación e facilitar a proliferación descontrolada da ‘rata toupa'”, alertan.

A federación reivindica o papel “fundamental” do raposo, como doutros carnívoros, “no mantemento do equilibrio ecolóxico dos ecosistemas dos que forman parte”, así como “no control de múltiples enfermidades” que afectan a fauna galega. “Parece que pesa máis o cada vez máis cuestionado ‘aproveitamento’ lúdico” da fauna por parte dos cazadores ca a “defensa e protección dos agricultores e gandeiros”, engaden.

“IRRESPONSABILIDADE”

Fruga criticou, así, a “irresponsabilidade” da Administración galega, que, “á vez que patrocina certames coma este”, compromete “acometer medidas, a día de hoxe aínda por determinar, e evita dotar presupuestariamente de axudas ás explotacións afectadas polos roedores”, conclúen.

 

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...