HomeMedio ambiente e PatrimonioUU.AA. di que a praga de toupas mengua á metade a produción...

UU.AA. di que a praga de toupas mengua á metade a produción dalgunhas parcelas

O sindicato agrario cifra en 3.000 hectáreas a superficie afectada, moi por riba das 1.600 que estimaba a Xunta. As zonas máis afectadas son dúas parroquias de Triacastela e Pedrafita.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- O sindicato Unións Agrarias (UU. AA) sostén que a praga de ratas-toupa detectada en oito municipios da provincia de Lugo xa afecta nestes momentos a unhas 3.000 hectáreas de terreo. Nalgúns casos, din, o seu efecto provoca unha diminución do 50% na produción de forraxes.

O responsable de Unións Agrarias na Montaña de Lugo, Iván Raposo, afirma que a superficie afectada é moi superior ás estimacións da Xunta. A Consellería Rural trasladara que a praga prexudicaba unhas 3.000 parcelas de 300 explotacions agropecuarias, e contabilizaba máis de 1.600 hectáreas contabilizadas pola Xunta de Galicia. 

Así e todo, dende Unións Agrarias coidan que eses cálculos quedan curtos, dado que moitos propietarios, algúns xubilados ou que non se dedican á actividade agraria, non realizaron a correspondente declaración de danos. 

PROLIFERAN CO BO TEMPO

Raposo precisou que “agora co bo tempo volven verse” polos prados e cultivos: aumenta a actividade das colonias e “hai moitos danos”. Precisou que a zona máis afectada correspóndese con dúas parroquias do municipio de Pedrafita do Cebreiro e de Triacastela, onde a diminución de produción alcanza o 50% nalgunhas parcelas.

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...