HomesociedadePais e nais do CEIP Frei Luís piden "certificados de seguridade" do...

Pais e nais do CEIP Frei Luís piden “certificados de seguridade” do lugar a onde se traslada o alumnado

Sinalan que o único centro público de Sarria debe estar en "condicións óptimas". En caso contrario, reclaman á Xunta que "valore a creción dun novo centro".

Publicado o

- Advertisement -

Pais do colexio Frei Luís de Granada (Sarria) pedirán “certificados de seguridade” da Escola Fogar, onde se recolocará o alumnado mentres persistan as obras no centro.

A maior parte dos alumnos do colexio Frei Luís de Granada segue sen acudir a clases.  Este mércores incorporáronse ás aulas uns corenta: 20 de infantil e 20 de primaria, unha tendencia que se repite desde o pasado 20 de xaneiro.

Mentres, os pais atópanse expectantes ante os cambios que se realizan na Escola Fogar, onde a Xunta pretende recolocar os pequenos mentres seguen os traballos de apuntalamento do centro.

Un dos pais, Javier Pico, subliñou que necesitan que “a Escola Fogar estea en condicións óptimas” para os seus fillos. “Que nos garantan a seguridade das instalacións”, abundou. Por iso, van esixir “certificados de seguridade” antes do próximo luns, que é cando se estima que se retomen as clases con “normalidade”, tal e como sinalou esta semana o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

“Seguimos a expensas do que faga a Consellería (de Educación) e imos esixir certificados de seguridade antes de que os nosos fillos entren á Escola Fogar. Que se demostre que se pode dar clases en condicións seguras e habitables para eles”, advertiu Pico.

CONSTRUCIÓN DUN NOVO COLEXIO

Este pai lamentou que a Consellería “está a realizar parches” no Frei Luís de Granada, o único colexio público de Sarria, polo que apunta que “a Xunta debería de valorar seriamente a creación dun novo centro”. “Que Sarria teña un colexio público como se merece”, subliñou.

Ademais, anticipou que “os pais” non van “pasar” por que “soamente se solucione o problema dos voladizos”. “Teñen que meterse (pola Consellería de Educación) nos problemas estruturais que son os que realmente están a provocar as gretas”, concluíu.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...