HomeCulturaOs poemas de Lois Pereiro serán editados en italiano

Os poemas de Lois Pereiro serán editados en italiano

O traballo de traducción será realizado polo CEG (Centro de Estudos Galegos) da Universidade de Perugia, Italia

Publicado o

- Advertisement -

O CEG de Perugia, Italia, pertence á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia. Xunto ca Secretaría Xeral de Política Lingüística, editará o volume Poesia ultima di amore e malattia 1992-1995, edición italiana de Poesía última de amor e enfermidade, o poemario máis coñecido do autor monfortino homenaxeado polas Letras Galegas no 2011.

A nova edición en italiano vén a encher un baleiro na difusión deste poeta entre os lectores italianos, un dos autores máis recoñecibles da poesía galega a finais do século XX e unha figura emblematicamente xeraicional da contracultura europea que xurdiu ó longo dos anos 80 e 90. A herdanza de Lois Pereiro queda neste testemuño en versos escritos nunha obra na que “a enfermidade se redefine poeticamente na fronteira salvaxe da vida”. Visceral, contaminado, auténtico, “é un deses libros que, para Manuel Rivas, xustificaban a boca da literatura, que forman parte da persenza común universal”.

 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...