HomeMedio ambiente e PatrimonioPreto de medio millón de euros para previr os lumes en Terras...

Preto de medio millón de euros para previr os lumes en Terras de Lemos

Esta partida presupostaría está destinada para subvencionar o control selectivo de combustible e a construcción de puntos de auga

Publicado o

- Advertisement -

15 concellos do sur lucense serán beneficiados cunha partida presupuestaria de preto de medio millón de euros para a o control selectivo de combustible e a construcción de puntos de auga. Deste xeito, os proxectos promovidos por comunidades de montes veciñais en man común e sociedades de ordenación forestal lucenses (SOFOR) contarán con esta axuda por parte da Consellería de Medio Rural.

Os concellos beneficiados e as cuantías que lle corresponden son,

  • O Incio: 64.087,25 euros
  • Pantón: 62.354,70 euros
  • Chantada: 43.200,00 euros
  • Samos: 42.769,86 euros
  • Folgoso do Courel: 40.986,99 euros
  • Taboada: 36.076,57 euros
  • A Pobra do Brollón: 34.203,79 euros
  • Bóveda: 34.092,84 euros
  • Monforte de Lemos: 24.697,42 euros
  • Quiroga: 24.220,93 euros
  • O Páramo: 12.889,18 euros
  • Láncara: 12.433,32 euros
  • Triacastela: 10.894,33 euros
  • Sober: 9.883,86 euros
  • O Saviñao: 4.270,07 euros

Balseiro insistiu na necesidade de mantes os montes limpos e coidados, apostando pola súa posta en valor e preservando tanto a parte ambiental como a económica. Estes traballos en montes veciñais en man común e SOFOR súmanse ós realizados pola propia consellería e administracións locais con convenios de colaboración en materia de prevención.

As axudas, que teñen unhas contías que oscilan entre os 2.800 e 25.000 euros dependendo da necesidade de cada concello, teñen como obxectivo apoiar todas as accións encamiñadas a eliminar ou reducir os ricos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa propagación. A primeira liña de accións subvencionables serán o control selectivo do combustible en devasas, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural, así como a roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.

A segunda liña baséase na construcción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. No caso de expedientes de comunidades de montes, mancomunidades ou agrupacións de menos de 500 hectáreas, subvencionarase un punto de auga, chegando a dous no caso dos terreos de máis da superficie anteriormente mencionada ou SOFOR.

Os beneficiados dispoñen de 5 meses para executar estos traballos, que na práctica poden incluír desde construcción de cortalumes, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural ata rozas, rareos e eliminación de restos de poda.

 

 

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...