HomesociedadeSober destina 430.000 euros a melloras da rede de auga e saneamento

Sober destina 430.000 euros a melloras da rede de auga e saneamento

Coas obras previstas arredor do 80% da poboación do Concello contará este ano con auga e saneamento municipal. O concello investirá tamén 250.000 euros en infraestruturas viarias, entre elas a mellora de estradas e accesos a viñedos

Publicado o

- Advertisement -

Este ano farase a 1ª Fase de Saneamento Arxemil e Suairexa- Neiras (180.000 euros, pendente de permisos de Confederación e Deputación) e a 2ª Fase do Saneamento en Arxemil, o Saneamento en O Ventorrillo-Neiras e a distribución da rede de abastecemento en toda a parroquia de Figueiroá e nos lugares de Portizó e Soutonovo en Anllo Santo Estevo, todo elo con 250.000 euros de inversión. O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “coas obras previstas arredor do 80% da poboación do Concello contará este ano con auga e saneamento municipal”.

Os Orzamentos para 2020 recollen preto de 250.000 euros para infraestruturas viarias. 85.000 euros para o Plan de Camiños Rurais da Consellería do Medio Rural, 70.000 euros de fondos propios para mellora de accesos, 20.000 euros do Plan Único para aglomerado de accesos, 25.000 euros para accesos a viñedos e 40.000 euros da Consellería do Medio Rural a través do Plan PIR para o aglomerado da estrada de Vilanova-Gundivós a Neiras.

Outras obras previstas

  • Novo Arquivo municipal e Xulgado de Paz e ascensor no edificio da antiga Cámara Agraria; obras ás que se destinan 60.000 euros cun 80% de axuda de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
  • Renovación de alumeados públicos, 2ª fase do IDAE con preto de 200.000 euros para cambiar a LED de ultima xeración preto de 500 puntos de luz.

Tamén se vai adquirir un vehículo eléctrico e un punto de recarga, con destino ao servizo municipal de augas e medio ambiente.

O Orzamento total do Concello de Sober para este ano ascende a máis de 2,8 millóns de euros nos que se prioriza o gasto social e o investimento público.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...