HomeEconomíaAves rapaces para controlar a praga de ratas toupa que afecta a...

Aves rapaces para controlar a praga de ratas toupa que afecta a Folgoso, Triacastela e Samos

A Xunta mantivo un encontro cos sindicatos para afrontar posibles solucións a esta praga de roedores.

Publicado o

- Advertisement -

O Ministerio e a Consellería de Medio Ambiente acordaron enviar aves rapaces aos oito municipios da montaña de Lugo afectados por unha praga de ratas toupa que xa alcanzou máis de 1.600 hectáreas, segundo datos do Goberno galego. Entre os concellos prexudicados atópanse Folgoso do Courel, Samos e Triacastela. Este último foi o lugar onde primeiro se detectou a proliferación destes roedores.

Así llelo trasladou o conselleiro de Medio Rural, José González, ao secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e á secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba, nunha reunión mantida este xoves. Así mesmo, informounos de que técnicos avaliarán a problemática sobre o terreo durante o mes de febreiro para coñecer o número de roedores.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...