HomeEconomíaExpansión e modernización da empresa láctea Celega

Expansión e modernización da empresa láctea Celega

A Consellería do Medio Rural destinou nos últimos dous anos 1.066.000 euros en axudas á empresa láctea Celega para apoiar accións de expansión e modernización que supuxeron un investimento subvencionable de case 2,4 millóns de euros.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaba este xoves a fábrica de Escairón e destacou o esforzo dos seus responsables por “continuar medrando e xerando postos de traballo e riqueza no Saviñao e na comarca”. Celega conta cunha trintena de traballadores e recolle a maior parte do leite en gandarías da contorna.

Os últimos proxectos subvencionados pola Xunta serviron tanto para ampliar as dotacións como para mellorar o sistema enerxético ou o de depuración, medidas que tamén inclúen un compoñente medioambiental. Así, entre outras actuacións, reformaron un local para instalar unha nova liña de produción de callada e adquiriron equipamento necesario para o laboratorio.

Balseiro sinalou que os procesos de transformación “son fundamentais para engadir valor ás nosas producións, e moi singularmente ao leite” e por iso reciben o respaldo da Consellería a través dun programa específico. Neste momento está aberta unha nova convocatoria das axudas para a realización de investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para os anos 2020, 2021 e 2022.

Está dotada cun orzamento de 26 millóns de euros e as empresas interesadas teñen de prazo ata o 24 de febreiro para presentar as solicitudes. Poden beneficiarse os empresarios individuais ou sociedades que realicen actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como compra de terreos. Tamén se sufraga a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...