HomeComarca de SarriaA Deputación pídelle á Xunta a reapertura do consultorio sanitario de Oural,...

A Deputación pídelle á Xunta a reapertura do consultorio sanitario de Oural, en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo reclamoulle á Xunta de Galicia, a instancia do Grupo Socialista, a reapertura do consultorio sanitario de Oural, en Sarria. Deste xeito, a moción insta á Xunta a iniciar os trámites para reabrir o consultorio sanitario que o Goberno de Feijóo pechou no ano 2011.

“Os veciños e veciñas da parroquia de Oural son un claro exemplo do desmantelamento da sanidade pública por parte da Xunta, a pesar de estar obrigada a ofrecer a todos os galegos  que e galegas unha sanidade pública de calidade e eficaz”, denunciou o deputado de Innovación e Participación Cidadá, Pablo Rivera Capón.

Este servizo daba asistencia sanitaria a unhas 1.200 persoas, residentes non só en Oural, senón nun total de 8 parroquias próximas.  A supresión do consultorio obriga aos veciños e veciñas a viaxar máis de 9 quilómetros para recibir atención sanitaria no Centro de Saúde de Sarria, “situación que se agrava pois tampouco dispoñen dun transporte público, tralos recortes no traxecto Monforte-Lugo, que permita este traslado con relativa facilidade e frecuencia suficiente”, critica o socialista.

Máis de 1.000 persoas reclámanlle á Xunta que reabra o consultorio e asinaron unha petición para que Ourol volva ter servizo médico.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...