HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada xa dispón de vertedoiro de residuos da construcción

Chantada xa dispón de vertedoiro de residuos da construcción

As obras do vertedoiro de Chantada comezaron hai 3 anos mediante a financiación de diversos organismos galegos

Publicado o

- Advertisement -

O vertedoiro de residuos da construcción ubicado na parroquia de San Xurxo de Centollo, en Chantada, xa está rematado logo de 3 longos anos.

Esta iniciativa, levada a cabo entre o Concello de Chantada e a Xunta de Galicia, tiña como obxectivo a creación dunha cuberta vexetal onde anteriormente, so había residuos de diferente natureza ademais de solucionar os problemas ambientais de contaminación, a estabilidade de noiros, saturación e posibles riscos sanitarios e a restauración paisaxística de toda a contorna.

Os traballos executados para a adecuación, selado e clausura do vertedoiro consistiron basicamente na retirada dos residuos voluminosos depositados neste espazo e o seu tratamento, a estabilización da superficie, as labores de impermeabilización e de control de augas superficiais e a restauración da cuberta vexetal.

 

 

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...