HomeMedio ambiente e PatrimonioO tráfico na Ponte Vella de Monforte estará cortado en horario de...

O tráfico na Ponte Vella de Monforte estará cortado en horario de mañá

As labores de limpeza da maleza no ben de interese cultural de Monforte lévanse a cabo todos os anos para manter o monumento nas mellores condicións posibles

Publicado o

- Advertisement -

As tarefas de acondicionamento da Ponte Vella da cidade obrigarán a cortar o tráfico, tanto e persoas como de vehículos, dende as 7:30 horas.

A brigada municipal de parques e xardíns do Concello van proceder o día 27 de xuño, á limpeza da vexetación superficial que se foi acumulando estos últimos meses na Ponte Vella.

Para realizar os traballos, que se prolongarán durante a primeira metade do día, vai ser necesario usar un guindastre que obrigará a cortar o tráfico peonil e rodado en dita zona.

O alcalde, José Tomé Roca declara que, “a Ponte Vella é un monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións”.

 

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...