HomeMedio ambiente e PatrimonioXornada sobre o aproveitamento da resina na Pobra do Brollón

Xornada sobre o aproveitamento da resina na Pobra do Brollón

Publicado o

- Advertisement -

O mércores, 27 de xuño de 19:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón vaise celebrar unha xornada forestal sobre a actividade resineira como complemento o aproveitamento do piñeiro no sector madeireiro.

Actualmemte, a resina ten un prezo no mercado de 1,10 euros o quilo e cada piñeiro produce entre 2 e 3 quilos. Con este tipo de actividades preténdese valorizar o sector forestal, fixando poboación no rural, disminuíndo a taxa de desemprego, as masas forestais abandonas e o risco de incendio ó mesmo tempo que aumentar a rentabilidade económicas dos piñeiros.

Na primeira poñencia, impartida por Érika Martínez -enxeñeira de montes e especialista en xestión de desenvolvemento sostible- tratarase a posibilidade do aproveitamento resineiro en Galicia. A segunda estará dirixida por Xián Santos, técnico forestal especialista en aproveitamento resinerio.

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...