HomeCulturaO alcalde entrega o Premio Monforte al Ferrocarril

O alcalde entrega o Premio Monforte al Ferrocarril

Publicado o

- Advertisement -

Ao acto de entrega acudiron representantes do concello de Monforte, da Asociación de Amigos do Ferrocarril e da Deputación de Lugo, ademais da propia premiada, Isabel Pardo de Vera.

A Casa Consistorial de Monforte acolleu esta mañán a entrega do terceiro Premio Monforte al Ferrocarril outorgado pola Asociación de Amigos do Ferrocarril (AMAFER). Nesta edición, o galardón recaeu sobre Isabel Pardo de Vera, Directora Xeral do Departamento de Explotación e Construcción de ADIF.

A premiada destacou que ” trátase dun premio que me obriga aínda máis no empreño de que a provincia de Lugo dispoña da mellor conexión ferroviaria posible”. Tamén engadiu que “pódolles asegurar que farei todo o que estea da miña man para que todos os actores do cambio que precisa a rede consigan o impulso necesario, en xustiza coas esixencias da miña terra”.

Pola súa parte, o mandatario local, José Tomé Roca destacou a importancia de conceder o premio a unha muller “porque o mundo ferroviario era de homes, e eu creo que é xusto recoñecer o traballo de aquelas mulleres que dedicaron a súa vida ao ferrocarril”. Ademais, tamén declarou que, “a cidade do Cabe ten que seguir xogando un papel primordial, tanto no que se refire ao transporte de persoas, como á loxística de mercandorías polos camiños do ferro”.

Acto de entrega do premio Monforte al Ferrocarril. Fonte: Concello de Monforte

PREMIO MONFORTE Al FERROCARRIL

O galardón Monforte al Ferrocarril ten carácter bianual. Na primeira edición celebrada no 2014, AMAFER rendeu homenaxe ó secretario xeral de Transportes do Ministerio de Fomento, José Luis Cachafeiro. Dous anos máis tarde, no 206, o premio foi para o ex director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín.

 

 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...