HomePolítica'Por Chantada' quere atacar o problema das edificacións ruinosas

‘Por Chantada’ quere atacar o problema das edificacións ruinosas

A formación política chantadina na oposición defenderá unha moción no vindeiro pleno de marzo demandando diferentes accións ao goberno local.

Publicado o

- Advertisement -

“Neste momento, o interior galego vive un imparable devalo demográfico fronte ao que cómpre reaccionar con medidas inmediatas e diversas para configurar perspectivas que permitan manter a loita por un interior galego vivo”. Esta é unha das reflexións á que chega Por Chantada, Candidatura de Unidade Popular.

Produto deste despoboamento é o estado ruinoso de vivendas, sendo esta unha das causas de que a Galiza sexa a Comunidade Autónoma con maior porcentaxe de vivendas en estado ruinoso, malo ou deficiente, un 11% do total. Neste senso, a formación política na oposición afirma que no Concello de Chantada tamén se atopan con esta problemáica tendo que tomar en moitos casos, por mor da deixadez municipal, a iniciativa a propia veciñanza para denunciar casas en ruínas.

Na moción que defenderán no pleno de marzo poñen exemplos de concellos máis pequenos e humildes que están tomando cartas no asunto buscando posibles solucións para as edificacións en ruínas. Unha destas é incorporarse ao “programa de vivendas baleiras”.

A conclusión de Por Chantada é clara: “hai casas sen xente e xente sen casa”, co cal hai que activar solucións. Insisten en que en Chantada “hai un déficit de vivenda habitable neste intre, non por insuficiencia das mesmas, xa que está constatada a existencia de centos de predios baleiros, mais por falta de condicións de habitabilidade”.

Na moción que presentarán e defenderán no vindeiro pleno do mes de marzo propoñen alcanzar o seguinte acordo municipal:

1.- Facer un censo de edificios en risco de ruína e determinar os núcleos rurais en estado de abandono, e crear un rexistro destes, de acordo coas asociacións veciñais do Concello.

2.- Impulsar de oficio os expedientes necesarios para corrixir as situacións máis perigosas, segundo sexa acaído en cada caso (derrubo, rehabilitación, fomento da venda e alugueiro), tendo en conta a situación socioeconómica das persoas propietarias.

3.- O Goberno municipal reunirase co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) para acollerse desde Chantada ao programa de vivendas baleiras.

4.- Trasladar aos Concellos de Taboada e Carballedo o terceiro punto do presente acordo para actuar conxuntamente perante o IGVS, xa que é unha problemática común a toda a comarca.

5.- Impulsar palestras, obradoiros e talleres sobre rehabilitación.

ÚLTIMAS

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...