HomeEconomíaFinalistas do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Finalistas do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O xurado da VI Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra dá a coñecer os 10 finalistas desta edición.

Publicado o

- Advertisement -

O Concurso, promovido para incentivar o emprendemento, tiña prazo aberto para presentación de ideas ata o 16 de febreiro. Desde entón o xurado avaliou as propostas presentadas para seleccionar as que mellor se adaptaban á filosofía da convocatoria. As ideas seleccionadas son:

  • SEND2ME// Buzón electrónico para entrega de paquetería
  • Recovery Blood//Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica.
  • MONXeado// Xeados creativos naturais da Ribeira Sacra
  • TimberSoul Innovations// Construcción con madeira local
  • Futuralga// Fabricación de envases a partir de algas
  • Sistemas biodixestivos para zonas rurais e urbanas de baixo custo
  • REFIX – Atlantic Sea Water// Bebidas isotónicas a partir da auga do mar
  • Parques fotovoltaicos comunitarios 
  • Trasdeza Natur// Transformación de productos de horta, con selo ecolóxico
  • App & Down// Aplicación intelixente para persoas con síndrome de Down

Os finalistas veñen de recibir a comunicación de que foron seleccionados; agora deberán presentar o proxecto completo antes do 17 de abril, achegando arquivos PDF, mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

O 9 de Maio os 10 candidatos deberán defender o seu proxecto diante do xurado, formado polas empresas patrocinadoras, institucións colaboradoras e dous membros da Asociación Semente Monforte. O fallo e a entrega de premios farase nunha cea-gala que se celebrará en Monforte de Lemos esa mesma noite.

O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e para esta edición contarase cos seguintes premios:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...