HomeMedio ambiente e PatrimonioA paisaxe e o patrimonio do Camiño de Inverno protagonizan un seminario...

A paisaxe e o patrimonio do Camiño de Inverno protagonizan un seminario en Chantada

O workshop internacional organizado pola Fundación Juana de Vega, desenvólvense ata o día 13, no auditorio municipal de Chantada. O obxectivo é analizar a paisaxe e o patrimonio desta Ruta Xacobea, proporán estratexias de delimitación, intervención, e desenvolvemento a partir dun traballo multidisciplinar con estudantes, expertos e profesionais de recoñecido prestixio, contando tamén cos axente locais.

Publicado o

- Advertisement -

A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Ínsua, asistiu á apertura do seminario Tralas pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra impulsado pola Fundación Juana de Vega ao abeiro do programa O teu Xacobeo do Goberno galego. Durante 5 días afondarase nun camiño que é a entrada natural a Galicia, desde a Meseta, seguindo o cauce do río Sil. Trátase dun acceso xa usado polos romanos e utilizado polos peregrinos como alternativa ao coñecido Camiño Francés.

Esta ruta, recollida oficialmente desde 2016, foi elixida por máis de 1.000 peregrinos o ano pasado, polas calidades paisaxísticas e culturais que posúe, dado que percorre o Parque Natural da Enciña da Lastra, e a contorna natural do río Deza e a Ribeira Sacra.

Viñedo Chantada / D.O. Ribeira Sacra

A recente declaración da Ribeira Sacra como primeira paisaxe Cultural de Galicia ao amparo da nova lei de Patrimonio Cultural, abre un campo novo no recoñecemento e xestión das paisaxes, con moitas posibilidades de valorización que serán analizadas neste encontro.

Trala presentación, diversos especialistas na materia ofreceron relatorios sobre O Camiño e a importancia dos procesos de participación, A importancia dos camiños históricos e do Camiño de Inverno na definición do valor universal excepcional da Ribeira Sacra ou O Camiño como fenómeno global. Na tarde deste luns, os asistentes asistiron en Pantón, á presentación A rota do Románico en Pantón e visitaron o Ecomuseo de Arxeriz e á adega Abadía da Cova.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...