Homesociedade5.000 reservas xa para a tempada de rutas fluviais que se activa...

5.000 reservas xa para a tempada de rutas fluviais que se activa o 4 de abril

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial vén de encargar á empresa pública, Tragsa, a prestación do servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra durante a tempada 2020, por un importe económico de 600.769,48€.

Publicado o

- Advertisement -

Dende a apertura do prazo de reservas, a principios de xaneiro, a Deputación recibiu preto de 5.000 para a nova tempada, que se inicia o 4 de abril, na fin de semana anterior á Semana Santa. A Deputación de Lugo volve a apostar así “por ofrecer este servizo turístico de calidade que xera un efecto multiplicador na provincia de Lugo en xeral, e na Ribeira Sacra en particular, en termos de pernoitas e de consumo no sector hostaleiro e comercial, sendo un incentivo para a iniciativa privada en xeral”, subliñou o Presidente, quen asegurou que as rutas fluviais en catamarán “contribúen deste xeito ó desenvolvemento económico da provincia a través do turismo e, singularmente, á proxección do territorio da Ribeira Sacra, favorecendo tamén a candidatura a Patrimonio da Humanidade”.

Canón do Sil e Cabo do Mundo

Neste tempada mantéñense as dúas rutas que se viñan ofrecendo:

– A Ruta Fluvial do Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte do Sil, no concello de Monforte de Lemos, na estrada que vai a Castro Caldelas. Unha travesía de dúas horas de duración que transcorre bordeando os municipios de Monforte, Sober, Castro Caldelas, A Teixeira e Parada de Sil. Nesta ruta operarán dúas embarcacións que suman en total unha capacidade de 159 prazas: 107 no catamarán Mencía e 52, no monocasco Canón do Sil.

– A Ruta Fluvial Cabo do Mundo, que parte do embarcadoiro de Belesar para facer unha travesía tamén de dúas horas bordeando os municipios do Saviñao, Pantón e Chantada. Aquí opera un catamarán con capacidade para 72 viaxeiros e dispón dunha caseta de madeira para o seu uso como oficina de información e venda de billetes. Este servizo verase reforzado esta tempada cun informador turístico no embarcadoiro durante os meses de maior afluencia de viaxeiros: xullo, agosto e setembro, para mellorar a promoción e a atención.

Catamarán do Miño / Luis Antonio Ramón

O cadro de persoal que atenderá o servizo de rutas fluviais estará formada por unha vintena de traballadores. En virtude deste encargo, a empresa pública Tragsa aportará sistemas de accesibilidade, como unha oruga salvaescaleiras para salvar a pendente do pantalán de Ponte do Sil cando esta sexa elevada e en función do nivel do enconro, e un cinto para asegurar a suxección nas cadeiras de rodas, ademais dunha rampa móbil por embarcadoiro para facilitar o acceso do pantalán ás embarcacións cando sexa necesario.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...