HomesociedadeAberto o prazo en Monforte para as actividades do Programa Activa

Aberto o prazo en Monforte para as actividades do Programa Activa

O prazo para inscribirse nestas actividades, que son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, remata o 20 de marzo. Os cursos comezan o 1 de abril tanto no Centro Cívico de Monforte como nas parroquias.

Publicado o

- Advertisement -

Os obxectivos do programa non son outros que favorecer o envellecemento activo dos seus participantes, promover o intercambio interxeracional e a participación social dos veciños e veciñas de Monforte. Ofértanse un total de 14 actividades distribuídas en 25 grupos no Centro Cívico, divididas en dous bloques segundo a idades (actividades para maiores de 55 anos e actividades para maiores de 14 anos) e 5 actividades nas parroquias.

Convócanse un total de 637 prazas (en 2019 foron 590 prazas) das que, 387 corresponden a actividades do Centro Cívico e 250 prazas ás parroquias. Son 47 prazas máis que no 2019.

As actividades deste programa desenvolveranse en dous períodos: nos meses de abril a xuño e de setembro a novembro tanto no Centro Cívico Social coma nas parroquias, cunha duración total de 25 horas cada actividade por trimestre.

Unha das novidades este ano é que entre todos os inscritos e inscritas levarase a cabo un único sorteo público de prazas, polo que non se adxudicarán por orde de entrada. Do mesmo xeito, existirá un período extraordinario de solicitudes ata o mes de agosto, no que se darán altas a razón das baixas que se poidan ir producindo.

Programa Activa 2020 no Centro Cívico

As actividades ofertadas no Centro Cívico de Monforte son ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, conservando a memoria, risoterapia, manexo do móbil, inglés, iniciación en manualidades, baile de iniciación e perfeccionamento, costura creativa, encaixe de bolillos, cociña consciente e saudable, fotografía dixital, beleza e saúde natural e pilates.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades das que se celebrarán no Centro Cívico poderán presentar a súa solicitude na Secretaría dos Servizos Sociais, situada no primeiro andar do Centro Cívico, no Rexistro municipal, ubicado na Casa do Concello, ou ben na sede electrónica da web do Concello.

Programa Activa 2020 nas parroquias

As actividades ofertadas nas parroquias son ximnasia de mantemento, conservando a memoria, manualidades, baile e risoterapia.

No caso das parroquias, serán os representantes destas os que soliciten a concesión dunha actividade das ofertadas. Os/as veciños/as interesados en participar na actividade dirixiranse ó responsable da parroquia para inscribirse na actividade concedida.

ÚLTIMAS

Monforte volverá ter un final de etapa de ‘La Vuelta 2025’

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, achegouse a Madrid para estar...

Nova maquinaria para o Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de presentar ao entorno produtivo, alumnado e profesorado o...

A Vicepresidencia da Deputación destina 380.000 euros para asociacións culturais

O Boletin Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar a resolución definitiva das...

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...