HomesociedadeRibeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa 'Coñece a...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

A iniciativa que botou a andar a Deputación de Lugo no 2021 vén de rematar a sexta edición e faino cun récord de 3.000 excursionistas pertencentes a máis de 100 asociacións da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis anos co obxectivo de promocionar os recursos turísticos dos concellos e de dinamizar as economías locais, finalizou a súa sexta edición superando os 3.000 participantes. As visitas, destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, están guiadas, son gratuítas e desenvólvense durante os meses de abril, maio, xuño, setembro e outubro. Segundo explican dende a institución provincial, o impacto económico na hostalería e no comercio é relevante, e calculan que “o investimento por persoa é de 67,40 euros, de maneira que o orzamento que mobiliza o programa supera os 200.000 euros”.

Esta última edición rexistrou unha demanda sen precedentes, elevando o número de peticións ata as 366 solicitudes, a cifra máis alta desde a creación do programa e moi por riba das 141 rexistradas na primeira edición de 2021. Grazas á novidade introducida nas bases da convocatoria de 2026, que priorizaba a participación de entidades que aínda non gozaran da iniciativa, acadouse un fito destacable: o 100% das 137 asociacións beneficiarias viaxaron por primeira vez, mobilizando a preto de 3.000 viaxeiros e viaxeiras de toda a provincia. O alcance territorial reflectiuse nunha ampla representación municipal, con colectivos procedentes de multitude de concellos, como Lugo (26), Vilalba (11), Ribadeo (7), Foz (6), entre outros.

RIBEIRA SACRA E MARIÑA, DESTINOS MÁIS DEMANDADOS

Entre os percorridos máis demandados e executados ao longo da tempada destacaron as rutas por Sober e Monforte (9), Chantada e O Saviñao (8), Barreiros e Ribadeo (8), ou Quiroga (7), entre outras, demostrando o interese crecente da cidadanía por redescubrir a riqueza cultural, paisaxística e etnográfica da provincia de Lugo.

O programa mantivo un catálogo de 44 rutas xerais e 7 adaptadas, específicas para persoas con discapacidade física, distribuídas polos 67 concellos da provincia de Lugo.

TURISMO DE PROXIMIDADE E GASTOS PAGOS

Os itinerarios propostos para os colectivos participantes inclúen transporte de ida e volta, póliza de seguros de viaxeiros, un menú de xantar baseado en produtos de proximidade, servizo de guía oficial de turismo e as entradas a museos, obradoiros artesáns e itinerarios en catamarán.  

Ademais do anterior, a xornada inclúe unha visita a algún dos centros dependentes da Deputación para que a cidadanía coñeza in situ instalacións e servizos da Deputación como son: o Pazo de San Marcos (sede da institución), a Granxa Gayoso Castro, o Mazo de Santa Comba, o Centro de Interpretación Terras do Miño ou a Produtora de Audiovisuais.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...