HomeCulturaAprazado o Festival Pórtico do Paraíso que este venres chegaba a Monforte

Aprazado o Festival Pórtico do Paraíso que este venres chegaba a Monforte

O concerto deste venres, 13 de marzo, na igrexa de Santa María da Régoa de Monforte de Lemos, dentro do programa do XIII Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso queda aprazado polo coronavirus. A cita era con Kosmos Ensemble esta tarde.

Publicado o

- Advertisement -

Este certame de música sacra, chega á súa 13ª edición, e desenvólvese dende o 6 e ata o 15 de marzo en diferentes enclaves arquitectónicos galegos, facendo parada na Ribeira Sacra. A entrada a este concerto, que queda aprazado, é gratuíta, pero é necesario reservala a través do portal www.porticodoparaiso.com.

Kosmos Ensemble está redefinindo a relación entre a música clásica e a world music. Este trío, composto por violín, viola e acordeón, foi recoñecido como Selected Artists pola organización Making Music e recibiu eloxios por parte da crítica especializada. Unidos por unha paixón compartida pola improvisación, a música multicultural e cunha impecable formación clásica, cada membro de Kosmos é á vez un solista internacional recoñecido no seu campo con prestixiosos premios e críticas.

Os membros de Kosmos viaxaron moito, actuando con músicos de todo o mundo, así como dentro do amplo multiculturalismo da escena musical de Londres. Estudaron colectivamente música do norte de África, Oriente Medio, música xudía, balcánica e xitana, tango arxentino, flamenco, tradicións celtas e jazz, así como música clásica contemporánea. Combinan todos os seus coñecementos co respecto pola súa propia formación de música clásica occidental, actuando libremente con garbo, innovación e creatividade, e incorporando a improvisación nos propios arranxos e composicións únicas.

Kosmos actuou nos festivais de música máis prestixiosos do Reino Unido e nas salas como o Southbank Centre de Londres ou o Royal Albert Hall. Tamén en varios países europeos, como no Padova River Festival (Italia), no Festival Estival (Polonia) ou no Festival Hydra (Grecia). En 2018, Kosmos interpretou un triplo concerto especialmente escrito para eles polo eminente compositor Errollyn Wallen. A súa música é habitual en programas da BBC Radio 3 e Classic FM.

 

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...