HomesociedadeServizo gratuíto de comida a domicilio en Sober a partir do luns

Servizo gratuíto de comida a domicilio en Sober a partir do luns

Dous restaurantes de Sober ofrecen desde este sábado servizo de comida para levar. Nos dous casos debe de facerse previamente o encargo do menú.

Publicado o

- Advertisement -

Os enderezos e teléfonos de contacto son: Restaurante Parada, na Rúa de Monforte de Sober, teléfono 982061616 e a Cantina dos Meus Avós, no Campo de Bulso, teléfono 627434586. No caso de Restaurante Parada tamén se ofrece o servizo de menú a domicilio.

A maiores, o Concello de Sober ofrece a partir do luns un servizo gratuíto para levar comida a domicilio a través do persoal de Protección Civil da localidade. O Goberno local estaba a artellar este servizo que pon en marcha con carácter inmediato para axudar aos veciños e veciñas que o necesiten e non teñan medios de desprazamento para que poidan así permanecer nas súas casas e lograr conter o coronavirus.

O servizo debe solicitarse previo contacto co Concello de Sober ou cos Servizos Sociais municipais a través dos números de teléfono 982460001 e 982460513. O servizo que pon en marcha o Concello de Sober facilitará o envío do xantar que serven a través destes dous restaurantes, a compra en supermercados de Sober, medicamentos ou outras necesidades básicas imprescindibles. O Goberno local recórdalle aos veciños e veciñas que é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...