HomesociedadeMonforte pecha fontes públicas e instalacións deportivas

Monforte pecha fontes públicas e instalacións deportivas

O concello de Monforte decide apagar todas as fontes públicas da cidade, en concreto o “geyser” do Parque dos Condes, a fonte da Compañía, a fonte cibernética (próxima ás Casitas) e a fonte da Estación.

Publicado o

- Advertisement -

Esta medida adóptase debido á prohibición de transitar pola rúa salvo para aquelas actividades determinadas polas autoridades competentes, o fin ornamental e lúdico que posúen ditas fontes carece de sentido. A medida tamén contribúe a evitar consumos indebidos e innecesarios de auga, á vez que se evitan posibles traballos de mantemento ou reparación destas instalacións. Trátase de propiciar un aforro enerxético en instalacións que, nestes momentos de crise, perden a súa función.

Na mesma liña, o Alcalde tamén informa dos mantementos das diversas instalacións deportivas municipais que, por mor da crise do COVID-19, suspenderon a súa actividade habitual.

No caso do Campo de fútbol de A Pinguela, por ser este campo de céspede natural, é necesario seguir co seu mantemento habitual, polo que seguirá procedéndose ó seu corte e regado, a fin de que non se deteriore o seu estado. No Luís Bodegas, por contar con céspede artificial, o mantemento é menor e non require tantos coidados, unha vez que non é utilizado no día a día. Na Piscina municipal, que tamén cesou a súa actividade habitual, levarase a cabo un mantemento mínimo pero necesario, a fin de que a maquinaria que posúe non se deteriore por mor da inactividade. Finalmente, o Pavillón municipal da Pinguela, non require dun mantemento específico mentres dure o peche das súas instalacións.

Con estas medidas, o Equipo de Goberno do Concello de Monforte, en verbas do seu Alcalde “segue a traballar, nestes momentos de crise xerada polo COVID-19, en preservar nas mellores condicións posibles aquelas instalacións e servizos que nos vemos obrigados a deixar de ofrecer mentres duren as medidas determinadas polo Goberno do Estado.”

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...