HomesociedadeAs forzas de seguridade controlan que se cumpra a corentena

As forzas de seguridade controlan que se cumpra a corentena

O colectivo de praceiros da Praza de Abastos do concello de Monforte continúa co seu horario normal e incorporan medidas para a contención do COVID19

Publicado o

- Advertisement -

A primeira hora da mañá comezou en Monforte dentro do esperado noutro día de corentena, pero a media mañá parecía unha “xornada normal”. Máis dun par de chamadas chegaron a XdL para comunicar que había bastante movemento de xente e de coches nas rúas do centro, igual porque mañá é festivo; pero aseguraban que a moita xente se lle vía en actitude de “paseo de diario”. Sexa como fora, á entrada de Roberto Baamonde, este mércores, había control de vehículos e peóns.

Control Monforte día 4 de corentena / XdL

 

En canto aos servizos seguen chegando actualizacións e o colectivo de praceiros da Praza de Abastos anuncian que a apertura dos postos segue sendo en horario normal, de 9:30 a 14 horas. Aconséllase que non acudan as persoas de risco, contarase cun dispensador de xel desinfectante na entrada e será necesario que todos os usuarios e clientes se desinfecten ó entrar nas instalacións.

Prégase tamén a todos os clientes que respecten o protocolo de prevención. A día de hoxe, polo momento garántese o subministro de tódolos artigos de costume. Aconséllase facer uso do reparto a domicilio de tódolos postos, ou chamar para ter os pedidos preparados para a súa posterior recollida, para así permanecer nas instalacións o menor tempo posible e evitar contaxios.

Praza de Abastos de Monforte / XdL

 

ÚLTIMAS

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...