HomesociedadeSober entregará sulfatadoras a todos os municipios da Ribeira Sacra

Sober entregará sulfatadoras a todos os municipios da Ribeira Sacra

O Concello de Sober xestionou coa empresa local PulviPlass Ibérica a entrega gratuíta de sulfatadoras de alta presión con diversos tipos de boquillas e máscara protectora para entregar en todos os Concellos da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober toma esta medida para axudar aos concellos veciños nas tarefas de limpeza e desinfección dos espazos públicos que están levando a cabo como consecuencia do coronavirus.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que desde este verán lle farán entrega dos equipos, que levan por nome Sober, aos concellos da Ribeira Sacra para que poidan empezar a empregalos canto antes, como así o vén facendo a localidade desde que se decretou o estado de alarma.

A entrega farase nos 25 concellos que pertencen á Ribeira Sacra das provincias de Lugo e Ourense. A partir de agora disporán de máquinas de alta presión con xogo de boquillas, unha dobre especialmente indicada para desinfección.

O reparto vai facerse a través dos GES e Grupos de Protección Civil da Comarca, que colaborarán co Concello de Sober nesta iniciativa. O alcalde agradece tamén a colaboración de PulviPlass Ibérica, a única empresa deste sector que fabrica en Galicia.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...