HomeOpiniónDía 7 de corentena: E impresionoume a limpeza do aire

Día 7 de corentena: E impresionoume a limpeza do aire

Fai 7 horas que non sei nada do coronavirus, en canto a velo na tele ou nas redes, porque polo demáis, o COVID19 está sempre presente. Teño a sensación de que cada día a xente está máis consciente do que ten que facer, hoxe volvín saír á rúa. 

Publicado o

- Advertisement -

La vida es bella, a oscarizada película de Roberto Benigni, que no 97 nos deu ilusión e esperanza a quen a vimos. La vida es bella leva rondándome desde o día 2 de corentena, desde que os xornais de Lugo asociados ao Galicia Confidencial comezamos a escribir este diario. Esta película pode ser terapéutica agora e sempre, porque transmite unha mensaxe universal positiva nunha circunstancia de traxedia absoluta. Hoxe mesmo a película comezou a emitirse en Paramount, segundo me dixeron.

Fai un par de meses pedín cita no Hospital Comarcal de Monforte para analítica de seguimento, trámite que debo pasar cada x tempo. Tiña a cita na axenda para o luns 23 de marzo. Onte chamei ao Hospital para saber se se mantiñan este tipo de citas e se podía acudir. Dixéronme que si.

Hospital de Monforte. Foto cedida.

O luns pasado fora mercar, e pensei aproveitar a saída do vindeiro luns para volver mercar. Pero acababa de facer a entrevista do xefe de cociña da residencia do Malecón en Monforte, que insistiu na importancia de alimentarse ben e falou da recompensa que supón, e decidín adiantar a compra a hoxe e tentar comprar, entre outras cousas algo de peixe, que levaba tempo sen comelo. Acababa de ler ademais, o que publicara o Xornal da Mariña sobre o sector. Quería tamén comprar guantes, teño algúns que me deixaron, pero non fixera previsións ao respecto e non tiña mercado guantes.

Esta mañá despois de almorzar, case me boto atrás. Non me urxen os guantes que non vou saír da casa e o peixe,… podo seguir sen comelo. Pero está esa curiosidade, non sei se xornalística ou vén de serie.

Era pouco antes das 11.00 cando saín á rúa e impresionoume o aire.

Era pouco antes das 11.00 cando saín á rúa e impresionoume o aire. Estaba tan limpo, saíndo á ventá non se percibe tanto. Esta semana todas as noticias que escoitei de Italia falaban de como avanzaba a enfermidade, da “bronca” que lles deu a delegación de médicos chinos que os viñan axudar a reforzar a contención porque o “carácter latino” segue celebrando encontros clandestinos; e da diminución da contaminación. Como non se vai notar nas grandes cidades se se nota en Monforte en poucos días?

Vou ao gran.

O que vín na miña saída de hoxe, de 10, matrícula de honra sería, aínda que hai excepcións, pero hoxe non toca falar delas. O caso é que todos imos aprendendo. E no super, o comportamento da xente infinito mellor que o segundo día de corentena, recén experimentando. Ao que fun, o máis cercano, incorporaba no chan limitadores de espazo nas caixas ou para mercar peixe, que por certo, había de todo. Tamén había papel hixiénico a esgalla e non o puiden evitar. Guantes nada, nin se lles espera.

Día 6 de corentena Monforte / XdL

Co que usamos o móbil non creo que lle deamos tempo ao virus a morrer

No regreso a casa fixen co móbil as fotos dun Monforte paralizado e agora que o escribo véuseme á cabeza a película de Lois Patiño, Lúa Vermella.

O caso é que cheguei a casa, ao piso, para entendernos; cos meus guantes e a compra. Deixo a bolsa na cociña, tiro os guantes e lavo as mans. Comezo a sacar as cousas da bolsa e digo, pois depois teño que volver lavar as mans. Fágoo. Xanto e mentres xanto, collo o móbil. Sigo comendo e acórdome de que fixen fotos co móbil cos guantes, cando viña de mercar. Volvo a lavar as mans e agora acabo de lembrar que o móbil non o limpei. O virus dura un tempo nas superficies, pero co que usamos o móbil non creo que lle deamos tempo ao virus a morrer.

Agora vou ver La vida es bella e o luns cando saia da casa para o Hospital, respirar, a lo menos antes de chegar alí. Que conste que se me dín que podo ir, confío en que non hai problema. E mañá pode ser un bo día para ler a Guía básica sobre o COVID19, o que realmente saben os científicos sobre o coronavirus. Un traballo de investigación do compañeiro Alberto Quián, resultado da revisión de case 200 estudos e textos publicados por científicos de todo o mundo, seleccionados de entre centos de documentos publicados xa en bases científicas cos primeiros resultados e análises sobre o COVID-19.

A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se escribe dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...