HomesociedadeOs concellos comenzan a repartir os EPIs enviados pola Xunta

Os concellos comenzan a repartir os EPIs enviados pola Xunta

O material prometido pola Xunta comeza a chegar aos concellos do sur de Lugo e administracións locais apuran o reparto. O concello do Saviñao recibiu neste primeiro envío realizado ás entidades locais, 1.000 luvas e 114 mascarillas

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de O Saviñao reparte o material de protección individual (EPIs) concedidos pola Xunta de Galicia para combater o coronavirus. En total, con este primeiro envío realizado ás entidades locais, O Saviñao dispón de 1.000 luvas e 114 mascarillas. Segundo adianta o alcalde, Carlos Armesto, parte deste subministro xa foi distribuído ás traballadoras de axuda a domicilio; o resto estase xa repartindo nos demais casos no se precisa.

Carlos Armesto destaca que “moito destes sistemas de protección proceden de recursos propios, doazón de empresas, institucións e mesmo particulares que altruistamente non dubidaron en axudar nesta situación complicada. Isto supuxo e está a supoñer un gran esforzo tendo en conta a súa escaseza.”

ÚLTIMAS

Un amplo programa animará o Entroido no Concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón empezou este 5 de febreiro a celebración do...

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...