HomePolíticaO BNG de Monforte aplaude as medidas do goberno local

O BNG de Monforte aplaude as medidas do goberno local

Os nacionalistas consideran que se está traballando na liña axeitada, agradecen a convocatoria da xunta de portavoces e amosan o seu apoio nun momento no que cómpre estar unidos diante da emerxencia sanitaria.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Monforte valora en positivo as medidas adoptadas polo Concello ante a ameaza do Coronavirus e traslada o seu agradecemento ao alcalde por ter convocado a xunta de portavoces tras a suxestión realizada polo seu voceiro Emilio José Sánchez. A devandita recomendación a José Tomé fíxoselle xa a semana pasada ao tempo que se lle comunicaba o apoio do grupo nun momento no que “consideran primordial estar unidos fronte a situación de emerxencia sanitaria”.

Os nacionalistas tamén lle trasladaron ao equipo de goberno a necesidade de ir máis alá na asistencia sociosanitaria e na atención veciñal para que toda a poboación conte cuns servizos básicos mínimos. Nesta liña, o concelleiro Emilio J. Sánchez sinalou que “é primordial que se aseguren os servizos básicos nos fogares, polo que dentro do noso ámbito competencial isto redúcese ao servizo de lixo e auga, e ningún pode deixar de prestarse. Debemos informar e incidir ante Aqualia que non pode cortar ningún suministro particular por falta de pago tal e como sinalou o goberno central no paquete de medidas aprobado polo Consello de Ministros”.

A maiores do anterior, o voceiro pediulle ao alcalde que botase man dos pedáneos das parroquias para facer chegar as medidas e servizos municipais a toda a poboación do concello e sinalou que “seguirá sendo de vital importancia seguir as normas das autoridades para reducir a velocidade de contaxio do COVID19 e evitar o colapso do sistema sanitario”.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...