HomeTerra de Lemossanidade458 casos activos de coronavirus na provincia con 78 hospitalizados

458 casos activos de coronavirus na provincia con 78 hospitalizados

As persoas que están na casa en corentena co diagnóstico confirmado de Covid19, nesta provincia de Lugo, incrementáronse en 76, sumando un total de 367 casos activos en domicilio.

Publicado o

- Advertisement -

Desde que comezou a crise do coronavirus ata agora, a provincia de Lugo contou con 482 casos, contando os falecementos (7, o primeiro falecemento na provincia de Lugo foi o dun home de Chantada que ingresar no Hospital Comarcal de Monforte) e as altas (17, onte déronse 4 delas, da que unha correspondía a unha muller de Chantada ingresada no Hospital Comarcal de Monforte). A provincia entra no mes de abril con 458 casos activos, 87 máis que no día de onte.

Destes casos activos, 13 están na UCI, un máis ca onte. 4 dos pacientes na UCI están no Hospital Público da Mariña e os 9 restantes no HULA. Increméntanse en 10 as persoas hospitalizadas polo Covid19 e chegan a 78; 16 delas no Hospital Público da Mariña, 9 no Hospital Público de Monforte, 2 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

As persoas que están na casa en corentena co diagnóstico confirmado de Covid19, nesta provincia de Lugo, incrementáronse en 76, sumando un total de 367 casos activos en domicilio.

ÚLTIMAS

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...

A información pública a solicitude das autorizacións administrativas do proxecto de baterías “Bess Belesar” que prevé a creación dunha faixa cortalumes ante o risco...

A instalación dunha planta de almacenamento de enerxía mediante baterías denominada 'Bess Belesar', en...