HomesociedadeAdxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A Xunta de Goberno Local celebrada este mércores 14 de outubro acordou adxudicar a concesión da explotación da cafetería á empresa constituída por Teresa Torres Neira por un canon de 400€ mensuais (4.800€/ano) ao que se engadirán os impostos correspondentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez estea formalizado o contrato. O prazo de duración será de 2 anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais de ano en ano, de xeito que a duración total da presente concesión, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de 4 anos.

A cafetería, completamente renovada, consta dun espazo de 105 m2 e dispón de barra e todo o mobiliario interior necesario para a explotación. Conta, ademais, cunha ampla cristaleira con vista ás piscinas. A instalación dará servizo á Piscina Municipal e ó  Pavillón Polideportivo, polo que se prevé unha alta afluencia de deportistas, clubs, persoal técnico e público asistente a eventos deportivos e público xeral.

“Son moitas as persoas usuarias que utilizan diariamente estas instalacións e queremos ofrecer un servizo de calidade”, apunta o alcalde, José Tomé. Neste senso, lembra que trala reforma integral primeiro do Pavillón e posteriormente da Piscina, a infraestrutura funciona agora como un complexo deportivo xestionado de forma conxunta. A cafetería prestará servizo durante toda a tempada de apertura do complexo deportivo (de xaneiro a decembro) e estará obrigada a manter o servizo no seguinte horario mínimo e máximo:

De luns a venres:

-Mínimo: de 8.00 a 13.00 h e de 16.00 a 21.00 horas.

-Máximo: de 7.30 a 14.00 e de 15.00 a 23.00 horas.

Fins de semana e festivos:

-Mínimo: Sábados: de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 h.

Domingos e festivos: de 10.30 a 14.30 h.

Nas fins de semana e festivos nos que haxa algún tipo de evento ou competición deportiva cuxo horario non estea dentro do mínimo establecido, o concesionario deberá prestar o servizo, a excepción dos domingos e festivos en horario de tarde. Neste caso deberá abrir, como mínimo, 30 minutos antes do evento e ata 30 minutos despois do remate.

ÚLTIMAS

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...

A información pública a solicitude das autorizacións administrativas do proxecto de baterías “Bess Belesar” que prevé a creación dunha faixa cortalumes ante o risco...

A instalación dunha planta de almacenamento de enerxía mediante baterías denominada 'Bess Belesar', en...

Carude festexa o ‘Octoberfest’

En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa...

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...