HomeTerra de LemossanidadeCarencias e descordinacións graves no Hospital de Monforte

Carencias e descordinacións graves no Hospital de Monforte

CIG-Saúde denuncia a desprotección dos traballadores e traballadoras de urxencias. Mascarillas caducadas dende o 2014 e material de protección deficiente, pero tamén situacións de risco graves como o caso dunha enfermeira que foi traballar sendo positivo no test do coronavirus porque ninguén llo comunicou.

Publicado o

- Advertisement -

En canto ao material que se lle está a proporcionar ao persoal sanitario de urxencias, Vicente Vázquez, delegado sindical de CIG-Saúde no hospital monfortino, asegura que lles están suministrando mascarillas cirúrxicas caducadas dende 2014. Mascarillas que ao pouco rato de uso desfanse e teñen que arranxalas con esparadrapo. Pero non queda aquí a cousa, tamén se queixa de que seguen a facerse traxes con bolsas de plástico doadas por supermercados, de que non hai gafas de protección e teñen que facer pantallas e que as calzas que usan son de papel.

Mascarillas caducadas en 2014 / CIG-Saúde Monforte

En canto ás medidas de protección preventiva tamén se denuncian deficiencias que se dan cando ten que ingresar algún doente. Segundo Vázquez “faise o cambio da camilla para a cama no pasillo de urxencias, unha zona de tránsito, co cal pódese contaminar”, e engade “o celador sube ao paciente sin a protección adecuada, so cunha bata curta, mascarilla cirúrxica (caducada), e un gorro de quirófano que é de papel tamén”.

o pasado 1 de abril estivo a traballar unha enfermeira das listas de contratación pendente do resultado dun test

A maiores desta listaxe de carencias e situacións de risco, denuncian como especialmente grave que o pasado 1 de abril estivo a traballar unha enfermeira das listas de contratación pendente do resultado dun test. Segundo se traslada no comunicado de prensa “estivo sen mascarilla porque non había, ata que ao longo da mañá lla trouxo a supervisora. Ao final esta enfermeira enterouse de que era positiva porque entrou ela a mirar a súa historia, non porque ninguén llo comunicara”.

CIG-Saúde di que pode ser comprensible que o médico de traballo, responsable de comunicar o resultado, estea desbordado de traballo pero lembra que este sindicato leva tempo pedindo que se reforce o servizo e resulta intolerable que se deixe ir traballar unha persoa que deu positivo na proba do coronavirus.

Insisten na necesidade de realizar test a todos os traballadores e traballadoras, sobre todos aos contactos directos, e pídenlle á Dirección que tome cartas no asunto.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...