HomesociedadeEstabilidade nos casos activos do sur da provincia

Estabilidade nos casos activos do sur da provincia

Esta fin de semana está sendo de estabilidade no número de casos ativos na provincia. Os datos oficiais son de 557 casos activos, 1 menos ca onte. Nas residencias de maiores, os datos de Política Social contabilizan 797 afectados por Covid19 nas residencias galegas, 588 usuarios e 209 traballadores. Na zona sur da provincia os casos manténense estables. Mentres, os traballadores de primeira liña seguen recibindo homenaxes.

Publicado o

- Advertisement -

Esta fin de semana está sendo de estabilidade no número de casos ativos na provincia. Os datos oficiais son de 557 casos activos, 1 menos ca onte. 14 destes pacientes están na UCI, 4 no Hospital da Mariña e 10 no Hula. 84 persoas están hospitalizadas por Covid19, 19 no Hospital da Mariña, 11 en Monforte, 9 na Virxe do Ollos Grandes e o resto no Hula. 459 adiagnosticados, permanecen confinados nos seus domicilios. Na provincia de Lugo levan falencido 12 persoas por Covid19 e téñense dado 39 altas.

Nas residencias de maiores, os datos oficiais de Política Social contabilizan 797 afectados por Covid19 nas residencias galegas, 588 usuarios e 209 traballadores. O número de casos activos nas residencias da zona sur da provincia mantense estable, con usuarios afectados na DomusVi Chantada (1), na Res. Virgen de la Luz de Monforte (1),  DomusVi Monforte (2) e en Ourense, na residencia de Castro Caldelas (7), ademais dunha persoa falecida. Os traballadores destes centros, con Covid en Galicia son 209 traballadores, dos que 1 está na DomusVi Chantada, 5 na Domusvi Monforte e 3 na residencia de Castro Caldelas.

Nos centros para persoas con discapacidade, a nivel galego cóntase con 49 usuarios diagnosticados, 7 deles no CAPD Sarria e 39 traballadores, 11 deles no CAPD Sarria e 1 na Vivenda Tutelada Agora de Monforte.

O traballo que os sanitarios fan nos hospitais e residencias na loita contra o Covid19 está sendo recoñecido polos cidadáns cada día e cada día se celebran homenaxes ás persoas que están na primeira liña. Acontecía, por exemplo en Sober, onde Protección Civil, os Bombeiros e a Garda Civil fixeron soas as súas sirenas para agradecer o labor dos traballadores da residencia de maiores. Homenaxe á que tamén se sumou o Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...