HomePolíticaPropostas do BNG de Pantón ao goberno municipal

Propostas do BNG de Pantón ao goberno municipal

O BNG de Pantón, para colaborar na xestión da crise sanitaria do COVID-19, presentou vía telemática unha batería de medidas que complementan as xa existentes.

Publicado o

- Advertisement -

Trátase de medidas de carácter social, axudas de emerxencia a familias ou atención telefónica e asistencial á poboación máis desfavorecida, entre outras; medidas de carácter económico e fiscal, como por exemplo a exención total ou parcial de taxas municipais aos negocios con sede no concello ou o aprazamento, fraccionamento ou condonación de impostos, recibos e taxas a particulares; medidas relacionadas co persoal municipal como manter os servizos mínimos, evitar a destruccón de emprego, potenciar o teletraballo e fornecelos de material de protección; medidas relacionadas coa limpeza, para reforzar as desinfeccións e buscar opcións de recollida do lixo porta a porta para casos concretos; e medidas de información e comunicación esixindo a difusión de xeito fiable, para a cidadanía e membros da corporación, de protocolos, datos, e novas relacionadas coa crise sanitaria.

Segundo a súa voceira, Rosana Prieto Florines, o obxectivo das propostas é “xestionar a crise dende o ámbito municipal, que ten en conta a nosa xente e as nosas particularidades, e amortecer o impacto socieconómico nas familias, no comercio local, hostalería e turismo”.

A formación nacionalista solicita ademais información e documentación sobre o “plan organizativo de emerxencia”, do que só teñen constancia de xeito oral pola alcaldía, a quen prestan dende o inicio da crise o apoio expreso na toma de medidas de excepción, medidas que afectan ao funcionamento do SAF, celebración de feiras, limpeza de espazos públicos, servizos mínimos municipais e outros.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...