HomesociedadeO Concello de Monforte imprime material escolar durante a corentena

O Concello de Monforte imprime material escolar durante a corentena

Publicado o

- Advertisement -

A suspensión da actividade escolar de carácter presencial quedou suspendida coa alarma sanitaria e dende os diferentes centros educativos artelláronse, a través de sistemas telemáticos, diferentes fórmulas docentes co obxectivo de que os alumnos e alumnas puideran continuar, dende os seus fogares, coa súa formación académica.

Os diferentes contidos educativos son remitidos aos rapaces mediante arquivos telemáticos, a través do correo electrónico ou a través de portais e plataformas dende as que se poden baixar ditos materiais formativos. En moitos casos estos arquivos requiren ser transformados en papel e na maioría das casas non teñen esa posibilidade e así llo fixeron chegar ao alcalde, José Tomé Roca, “foi remitido un escrito á Alcaldía no que se manifestaba a falta de medios de impresión deste tipo de documentos por parte do colectivo de estudantes do noso municipio”.

Ante esta demanda o alcalde asinou un decreto mediante o cal se posibilita a impresión de documentos educativos a  todos os/as estudantes que estean empadroados/as na cidade. Tanto a recepción de documentos, como a impresión dos mesmos e a posterior entrega ás persoas que os enviaron será coordinada dende o Departamento de Servizos á Cidadanía do Concello.

Para poder utilizar este servizo de impresión, os demandantes deste servizo deberán enviar un correo electrónico á dirección impresioncidadania@concellodemonforte.com.  A este correo, ademais de enviar os documentos que desexen imprimir, tamén deberán indicar os seus datos persoais (nome e apelidos, DNI, dirección) e un número de teléfono para que, unha vez impresos os documentos, poidan poñerse dende o Concello en contacto con cada demandante, ben a través do teléfono de contacto ou ben a través do propio correo electrónico do solicitante, para concretar a cita da recollida das impresións levadas a cabo.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...