HomeOpiniónDiario de Corentena: A lareira e como nos comunicamos

Diario de Corentena: A lareira e como nos comunicamos

Debemos recoñecer que, paulatinamente e segundo en que casos, estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita, nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar, parolear …, deixando atrás tamén a obrigatoriedade e o hábito dese contacto persoal, desas longas conversas tan agradables e enriquecedoras que contribuían a facernos máis sociables, máis comunicativos, máis colaborativos e máis xenerosos e solidarios.

Publicado o

POR
Felipe Castro López
- Advertisement -

Nestes días de cautiverio, afloran moitas capacidades que parecían, en boa medida, ocultas ou esquecidas, podendo destacar de entre elas: a vontade de evasión, tanto física coma espiritual ou mental; o enxeño á hora de manexar o sentido do humor; a maña ou talento para desenvolver cousas e instrumentos de primeira necesidade, dende as máis sinxelas ata as máis complexas e tecnolóxicas; ou a xenerosidade e solidariedade para cos demáis.

Entre os outros que poidan faltar, quixera referirme a un dos que sempre foi básico e importante para poder relacionarnos en todos os sentidos: a facultade de comunicarnos e de interactuar.

Sendo certo que a capacidade de comunicarse non é exclusiva dos Homo sapiens, só a nosa especie posúe todas as destrezas posibles xuntas para facelo, sendo a linguaxe articulada ou fala un sistema único e específico de comunicárense os humanos e, como seres sociais que somos, temos a capacidade e a necesidade de facelo. Tamén a escrita é outra das facultades comunicativas e exclusivas que posuímos.

A comunicación e como nos relacionamos

Co propósito de comunicarnos a través da fala, a maiores de por outros motivos, foi necesario que a xente se xuntase para facelo posible e, así, intercambiar impresións, anécdotas, peticións, inquedanzas, recordos, contos, saúdos, etc e, máis que nada, charlar, parolear, discutir e ata reñer.

Situados neste punto, teño que dicir que se foron achegando ás nosas maneiras de comunicarnos, outras técnicas e tecnoloxías que nos serviron para o mesmo propósito, pero que non precisaba obrigatoriamente da presencia simultánea de ambos os dous ou dos múltiples interlocutores. Deste xeito colleu protagonismo, á hora de posibilitar a dita comunicación a escrita que, debido ao alonxamento obrigado ou voluntario duns respecto aos outros, fixo posible que este contacto se poidese producir a través da carta e do correo postal, pero non de forma simultánea.

Redes Sociais / siacardio.com

Os métodos comunicativos seguiron evolucionando e permitindo esa importante simultaneidade, comezando inicialmente polo telégrafo e máis tarde polo teléfono e continuando, grazas a outros avances tecnolóxicos máis recentes, polas video chamadas ou as redes sociais.

Debemos recoñecer que, paulatinamente e segundo en que casos, estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita, nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar, parolear …, deixando atrás tamén a obrigatoriedade e o hábito dese contacto persoal, desas longas conversas tan agradables e enriquecedoras que contribuían a facernos máis sociables, máis comunicativos, máis colaborativos e máis xenerosos e solidarios.

Estas longas conversas desenvolvíanse mentres se traballaba, se comía e, tamén como non, nos momentos de lecer; en lugares moi diversos: nos agros, no monte, nas prazas, nas calexas e nos patios dos pobos. Para min, tal vez, un dos lugares máis axeitados eran aquelas lareiras nas que nunca se apagaba o lume e que, ademáis de proporcionarnos calor e un lugar onde cociñar, achegábanos un espazo íntimo pero tamén colectivo, acolledor e entrañable.

Neste intre no que tan necesitados estamos de contacto e posibilidade comunicativa, habería que rehabilitar moitas desas fermosas e antigas LAREIRAS.

Lareira / Felipe Castro López

 

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...