InicioCulturaOs catamaráns da Ribeira Sacra volven acender motores

Os catamaráns da Ribeira Sacra volven acender motores

As rutas polos Canóns do Sil e do Miño cada ano van gañando máis adeptos pola fermosura do percorrido. Durante a viaxe, os visitantes van acompañados dun guía turístico que explicará en todo momento as diferentes paisaxes, monumentos e localizacións que se están a ver

Publicado o

- Advertisement -

As Rutas Fluviais da Deputación volven estar dispoñibles durante os meses de xullo, agosto e mediados de setembro.

Como novidade, este ano vanse ampliar os horarios de visita e habrá 3 viaxes por ruta e día. Para poder gozar deste paseo informativo, os interesados deberán facer previamente a reserva a través do correo electrónico catamaranes.turismo@deputaciondelugo.org, da páxina web reservas.rutasembalses.es ou chamando ao teléfono 982.26.01.96

Actualmente quedan 4.100 prazas dispoñibles para realizar estas viaxes, das cales 2.525 corresponden ó canón do Sil e 1.575 ó do Miño, que representan o 16% do total de prazas ofertadas para a época estival. O Deputado de Turismo Eduardo Vidal destaca que “estas rutas fluviais sempre superan as expectativas de ocupación, de feito, este mesmo ano en marzo a tempada arrincou con 5.600 reservas, un 13% máis que no mesmo período no 2017”.

rutas e horarios

En ambos casos, as rutas teñen o mesmo horario; ás 11:30 horas da mañá, ás 16:30 e ás 19:00 horas de luns a domingo.

A ruta fluvial polos canóns do Sil ten unha duración de 2 horas. A travesía, que comeza no embarcadoiro do Cube Náutico de Doade, permite gozar dunha paisaxe de viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra cultivados en pendente de gran desnivel, así como a zona escarpada e vertical do canón. Nas súas proximidades pódense visitar bodegas, miradoiros, diferentes construccións relixiosas de estilo románico e a cerámica de Gundivós, caracterizada pola súa cor negra.

A ruta polo Miño ten unha duración de 1 hora e 45 minutos. A viaxe comeza no Clube Naútico de Belesar e percorre o río polo encoro dos Peares ata a área recreativa de Maiorga, Pantón, pasando polo meandro coñecido como Cabo do Mundo. Desde esta embarcación pódese observar a ambas marxes do río os bancais de viñedos da zona entre os que asoman igrexas e pobos. Os arredores tamén contan con bodegas que se poderán visitar e interesantes rutas para facer sendeirismo.

ÚLTIMAS

O ‘Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra’ celebra 10 anos

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos fomentando o emprendemento...

5 de maio, Día Mundial da Hipertensión Pulmonar

Como xesto simbólico, e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola hipertensión pulmonar,...

Convenio con Abanca que permitirá expor en Monforte a historia en fotografías da emigración galega

A exposición “Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española...

Éxito no comezo da Comunidade Rural Montes de Saberes

Escairón acollía a finais de abril a primeira reunión da Comunidade Rural Montes de...