HomesociedadeAlternativas para beber viños da D.O. Ribeira Sacra na casa

Alternativas para beber viños da D.O. Ribeira Sacra na casa

"Se queres un Ribeira Sacra pídeo". Deste xeito, desde o C.R.D.O.R.S. queren facilitar ás adegas que os seus viños poidan seguir vendéndose e que o consumidor se poida facer con eles; a través da web, do correo electrónico ou por teléfono.

Publicado o

- Advertisement -

Os viños da D.O. Ribeira Sacra están a ser os viños galegos que máis se venden nos supermercados, pero a incerteza chega coas limitacións no sector da hostalería, o tempo que bares e restaurantes permanecerán pechados; e como se fará a súa reapertura. Nesta situación as adegas da D.O. Ribeira Sacra dispoñen de medios para poder seguir vendendo viño, ben a través da súa web ou por comercio electrónico; e tamén hai adegas que realizan envíos a pedidos telefónicos ou a través de correo electrónico.

Na páxina web do C.R.D.O.R.S. cóntase coas adegas clasificadas por subzonas onde se ofrecen os distintos contactos das mesmas e un buscador que levaría ao visitante á adega escollida, para desde alí poder coñecer como solicitar ese viño. “Consumir nestes momentos, máis que nunca, os nosos propios produtos é fundamental. Facemos un chamamento ao consumidor a que aposte polos viños galegos con D.O., sectores próximos que debemos apoiar entre todos para que repercuta no ben de todo,” sinalan desde a D.O. Ribeira Sacra.

Xa que non todas as adegas dispoñen de moitos servizos online e si teñen interese en poder chegar ao cliente, desde o C.R.D.O.R.S. publican na web un listado das adegas que comunicaron o seu interese en vender viño e o modo de adquirilo en cada caso. Esta información irase actualizando diariamente de modo que as persoas interesadas en beber un Ribeira Sacra poidan acceder a el facilmente.

 

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...