HomesociedadeSen coronavirus na Domusvi de Monforte e 5 días sen ingresos no...

Sen coronavirus na Domusvi de Monforte e 5 días sen ingresos no Hospital

Nos centros do sur da provincia, de atención a persoas con discapacidade, a Domusvi de Bóveda comunica a recuperación de 4 usuarios e Monforte segue sen hospitalizados por Covid19 desde o pasado día 22.

Publicado o

- Advertisement -

Nos centros do sur da provincia, de atención a persoas con discapacidade, a Domusvi de Bóveda comunica a recuperación de 4 usuarios. Nas residencias de anciáns recupérase a un traballador da residencia de Castro Caldelas e 2 traballadores da Domusvi de Monforte, que deste modo que sen ningún caso acivo na residencia.

A residencia de Castro Caldelas quédase así con 4 usuarios e 7 traballadores infectados e na Domusvi de Bóvesa mantéñsense os casos activos de 13 usuarios e 9 traballadores.

Este domingo, a provincia conta con 662 casos activos de coronavirus, igual ca onte. 7 pacientes están na UCI, 2 menos ca onte; 2 na Mariña e 5 no HULA. Cóntase con 24 persoas en hospitalización, 2 máis ca onte (3 na Mariña, 12 na Virxe dos ollos Grandes e o resto no HULA). 631 casos activos están en domicilio, igual ca onte.
O Hospital Comarcal de Monforte segue sen novos ingresos por Covid19 desde o pasado día 22. Lévanse producido na provincia 26 falecementos e 129 altas por coronavirus, os mesmos datos de onte.
Catro novos falecementos rexistrados nas últimas horas en centros hospitalarios e outros catro en residencias de maiores elevaron a 523 as vítimas mortais que deixa a pandemia da COVID-19 en Galicia

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...