HomePolítica"O alcalde non parece ser consciente da situación", EspertaMonforte!

“O alcalde non parece ser consciente da situación”, EspertaMonforte!

"A política do noso alcalde é cortoplacista, sen un plan de futuro e co único afán de saír en prensa e apañar votos, pero a largo plazo e por desgracia para todos os veciños de Monforte de Lemos, o unico que nos deixará serán rúas, parques e pontes vacíos," sinalan desde Esperta.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado venres 24 de abril celebrouse no Concello de Monforte de Lemos un pleno extraordinario telemático, que na súa orde do día contaba, entre outros, cun punto relacionado coa incorporación de remanentes de tesourería ao orzamento municipal. Estos remanentes ascenden a un total de 6.247.841,96 euros.

Desde EspertaMonforte! denuncian que na documentación presentada polo equipo de goberno para este pleno, figuran 4.250.000 euros para investimentos (urbáns, rurales e iluminación) e medio ambiente (parques e xardíns), mentres que apenas un 25% (1.400.000) vai dirixido a promoción económica e 100.000 euros a unha partida adicada a COVID19.

Espertamonforte! solicitou neste pleno que estos fondos se adicaran ao que din consideran máis importante, “Os nosos veciños neste momento non están pensando en pontes, nin en asfaltos, nin en puntos de luz ou parques e xardíns. A xente está pensando en se lle chegarán os cartos para comer, pagar o aluguer, ou se poderán abrir a persiana dos seus negocios cando esto remate.”

Concello de Monforte de Lemos

Segundo EspertaMontorte!! o alcalde non parece ser consciente da situación, “Un alcalde que a pesar de todo segue pensando en facer política de asfalto, moi posiblemente porque non sabe facer outro tipo de política. A política do noso alcalde é cortoplacista, sen un plan de futuro e co único afán de saír en prensa e apañar votos, pero a largo plazo e por desgracia para todos os veciños de Monforte de Lemos, o unico que nos deixará serán rúas, parques e pontes vacíos.”

Segundo EspertaMonforte! o rexedor local está alonxado da realidade por non ter sido capaz de colaborar cos centros educativos en repartir material escolar, por non ter a persoal do concello traballando telemáticamente ou por “ignorar a supresión de prazos administrativos derivados do estado de alarma, non deixando o prazo suficiente de consulta previa para aprobar os regulamentos que publica.”

Remata EspertaMonforte destacando o cambio de actitude do alcalde ao tratase dun pleno telemático, “un alcalde moi diferente ao que nos ten acostumados nos plenos en vivo, tanto no tono como nas formas de tratar á oposición. Tal vez sexa que o noso alcalde non quere que a cidadanía de Monforte vexa esa faceta que amosa nos plenos e á que nos ten acostumados aos grupos da oposición.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...