HomesociedadeOs concellos poderán celebrar mercados locais de produtos agroalimentarios

Os concellos poderán celebrar mercados locais de produtos agroalimentarios

A Xunta permitirá que os concellos celebren mercados locais de produtos agroalimentarios a partires do vindeiro luns, 4 de maio, sempre baixo estritas condicións de seguridade.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno galego considera que a entrada, o vindeiro luns, na “fase 0” do proceso de desescalada posibilita a reapertura deste servizo baixo unhas regras que en Galicia están xa establecidas desde o 24 de marzo pasado, para garantir a seguridade das persoas, coas debidas medidas sanitarias e de distancia social.

A Xunta ten en marcha tamén a rede Mercaproximidade, pero considerou que esta medida debe verse complementada coa reapertura dos mercados locais, cando menos mentres non se normalice plenamente a situación da vía Horeca (de hostalaría e restauración).

Na reunión telemática da Conferencia Sectorial de Agricultura co ministro Luis Planas, o conselleiro do Medio Rural, José González, reclamou tamén ao ministro, a reapertura dos mercados de gando, tendo en conta o mesmo proceso de desescalada e sempre adoptando todas as medidas sanitarias precisas.

Conferencia Sectorial Agricultura / Consellería do Medio Rural

Entrada de leite foráneo

O conselleiro aproveitou a videoconferencia para urxir ao ministro a que convoque a Comisión de Seguimento do Acordo Lácteo, co obxectivo de buscar solucións que poñan fin á entrada de cisternas dende Francia e Portugal con leite de vaca e produtos lácteos a prezos por baixo dos custos de produción.

José González tamén pediu que se inste a lexislar á Comisión Europea para que cada operador da cadea alimentaria deba pagar ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior aos custos de produción.  

Nesta Conferencia Sectorial tamén se abordou a repartición de fondos, por parte do Estado, para o correcto funcionamento de diferentes políticas das comunidades autónomas en materia agraria. O titular de Medio Rural lamentou que as cantidades destinadas a Galicia sexan insuficientes para poder seguir co mesmo nivel de intensidade os traballos que cómpre desenvolver no terreo da sanidade vexetal.

Consumo de froitas na escola

O conselleiro salientou que Galicia, “porque fixo os seus deberes”, sae moi ben parada na repartición de fondos do Programa Escolar de Consumo de froitas, hortalizas e leite. Así, no que atinxe especificamente ás froitas, Galicia, de acordo cos novos criterios de asignación e en atención ao seu bo grao de execución en cursos pasados, recibe para o curso 2020/2021 unha cantidade superior á dos últimos anos. É a segunda comunidade que máis incrementa a cantidade asignada (un 27,3%), despois das Canarias, ata superar os 635.000 euros en total, remarcou González.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...