HomesociedadeO Hospital de Monforte libre da Covid19 desde o día 15 tendo...

O Hospital de Monforte libre da Covid19 desde o día 15 tendo un falecido o día 20?

O 20 de abril ingresaba no Hospital Comarcal de Monforte un home de 91 que falecería esa mesma noite. Este falecido contabilizouse como caso positivo de Covid19 porque días antes dera positivo en coronavirus, pero a súa morte non se debeu a causas derivadas do COVID-19, segundo informan desde a área sanitaria.

Publicado o

- Advertisement -

O Hospital de Monforte rexistraba o primeiro falecido con COVID-19 na provincia de Lugo. E o pasado día 15 de abril, este centro tamén se convertía no primeiro hospital galego sen hospitalizados por Covid19.

O 20 de abril ingresaba no Hospital Comarcal de Monforte un home de 91 que falecería esa mesma noite. Este falecido contabilizouse como caso positivo de Covid19 porque días antes dera positivo en coronavirus, pero a súa morte non se debeu a causas derivadas do COVID-19, segundo informan desde a área sanitaria. O paciente foi contabilizado xunto ao número de vítimas debido ao seu anterior positivo.

O director do distrito sanitario de Monforte e xerente do Hospital Comarcal, Ivan Sanz, en declaracións a Europa Press aclarou a respecto do último falecido que “se seguía a evolución do paciente non seu domicilio” e que levaba ” máis dunha semana sen presentar unha clínica compatible co coronavirus”. A pesar de todo, o home foi ingresado “en estado moi grave debido a outras patoloxías que padecía anteriormente” na tarde do día 20 de abril e finalmente faleceu ese mesmo día.

Monforte de Lemos e a súa área de influencia sanitaria seguen estando libres de coronavirus desde o 15 de abril, segundo sinala o xerente do hospital comarcal. Todas as persoas que entran no centro utilizan mascarillas e se un usuario non a ten facilítanlla. Ademais, todo paciente “sospeitoso de padecer COVID-19”, indicou o xerente, deu negativo e séguense “uns protocolos que garanten a seguridade de todo o persoal”.  Engade, o “sistema demostrou que está preparado” para calquera problema epidémico”. En Lugo a circulación do virus foi menor, polo que “o rebrote se non se abren as portas das áreas sanitarias non ten porque ser un problema”, afirma Sanz, “De nada valen todos os esforzos se a xente non pon da súa parte” nas casas, nos negocios, en todas partes, débese seguir extremando as precaucións”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...