HomesociedadeVisita á rúa Chantada en Monforte para o incio das obras de...

Visita á rúa Chantada en Monforte para o incio das obras de saneamento

O proxecto construtivo de melloras na rede de saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijoó, foi licitado por 1.246.291,70 euros, e adxudicado á empresa Misturas Obras e Proxectos, S.A. por 888.107,33 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 7 de maio, comeza o replanteo das obras de mellora na rede de saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijoó; no concello de Monforte. Este mércores, o alcalde, José Tomé, reuníase co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, para abordar o planing de traballo previo destas obras que comezarán na segunda quicena de maio, se a actual situación orixinada polo COVID-19 o permite. O prazo de execución destas obras estímase en 12 meses.

Estas actuacións enmárcanse nun convenio subscrito entre o Concello de Monforte de Lemos, a Deputación Provincial de Lugo e a propia Confederación Hidrográfica no 2017, o que supón unha inversión de 1,4 millóns de euros, destinados á mellora da rede de saneamento municipal.

O Alcalde salientou que “estes traballos son de vital importancia para mellorar a calidade da auga que volve da depuradora ó río Cabe, e polo tanto, mellorar o medio ambiente no Concello de Monforte porque se eliminarán as incorporacións incontroladas de auga á rede de saneamento, o que axudará, por unha banda, a reducir a cantidade de auga á depurar, facendo máis eficiente o servizo. E por outra, permitirá que a auga que se verte no Cabe este totalmente depurada”.

Repararánse e impermeabilizaranse un total de 70 pozos de rexistro nas zonas da Rosela, A Reigada, O Campo, As Lamas e A Veiga, así como no entorno da Estrada de Currelos. Ademais, executaranse novos tramos de colectores na rúa Morín, á altura da rúa Mato (70 metros en total), na rúa Manuel Pintos Xoán (300 metros) e en ambas marxes da rúa Chantada, entre a rotonda do Cemiterio e a do Hórreo (700 metros en cada marxe).

Inversión

O proxecto construtivo de melloras na rede de saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijoó, foi licitado por 1.246.291,70 euros, e adxudicado á empresa Misturas Obras e Proxectos, S.A. por 888.107,33 euros.

A financiación, segundo a adenda ó convenio asinada o 2 de decembro de 2019, será de 35,71% pola CHMS, outro 35,71% pola Deputación de Lugo e o 28,57% restante, polo Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...