HomesociedadeRetómanse as obras do Centro de Saúde do Saviñao para rematalas en...

Retómanse as obras do Centro de Saúde do Saviñao para rematalas en outono

A Xunta de Galicia vén de retomar as obras de construción do novo centro de saúde do Saviñao, situado na rúa Valle Inclán de Escairón. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a previsión é rematar os traballos no outono.

Publicado o

- Advertisement -

A execución do novo edificio sanitario ten un orzamento de 1.138.455 euros. Estase a edificar sobre una parcela de 2.060 metros cadrados, cedida polo Concello ao Servizo Galego de Saúde. O novo centro suporá ampliar nun 33% o espazo actual, pasando dunha superficie de 562 metros cadrados ata os 745 metros cadrados.

O movemento de terras e a cimentación están terminados e agora retómase a execución da estrutura do edificio; que disporá de seis consultas na área de medicina e enfermería, das que tres serán de medicina xeral e tres de enfermería, ademais dunha sala de toma de mostras de uso polivalente.

Polo que atinxe á área pediátrica, haberá unha consulta de pediatría e outra de enfermería de pediatría. O novo centro contará tamén con sala de xuntas, á que hai que engadir os espazos para arquivo de historias clínicas, recepción, almacéns e vestiarios, entre outras dependencias.

O interior estará distribuído en tres grandes áreas. Na de acceso situarase a recepción e a administración. O vestíbulo será un espazo amplo no que se atopará o mostrador, un almacén, aseos públicos e unha área de espera.

Na área de clínica xeral e pediatría acomodaranse as consultas de medicina e enfermería e a sala polivalente. Separará a zona de nenos e adultos. Na primeira haberá unha consulta con dous despachos -para medicina e enfermería-, zona de espera e aseo propio; ademais  ofrece a posibilidade de uso dun patio exterior se se estima oportuno.

Contiguas á área de consultas sitúanse as zonas de espera e próximos a elas os aseos públicos adaptados. A área de persoal, para uso exclusivo dos profesionais, estará diferenciada das zonas de uso clínico; disporá de dous vestiarios e unha sala de xuntas.

ÚLTIMAS

A Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao Páramo coa disputa do BTT DH Molinos

Este luns pola tarde presentouse o BTT DH Molinos, co aliciente engadido de formar...

8.000 maiores do sur da provincia xa poden beneficiarse das facilidades do Carné +65

Máis de 8.000 maiores da comarca de Lemos (entre os 81.000 da provincia de...

Quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

A prohibición de queimas para particulares dos restos agrícolas e forestais implica que non...

30 candidaturas presentaron en Monforte a solicitude para participar no Concurso de Premios do Deporte 2025

O Concello de Monforte vén de anunciar as 30 candidaturas que se presentaron para...