HomesociedadeO 6 de novembro proxéctase en Quiroga "Prisciliano e a Gallaecia"

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación promove a difusión do documental “Prisciliano e a Gallaecia” achegando a súa exhibición a diferentes concellos da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser Álvarez, director do documental, Diego Piay, historiador, Victorino Pérez, experto en Prisciliano, e Xabier Correa Corredoira, membro do equipo artístico.

A deputada de Cultura, Iria Castro, destacou a relevancia deste documental “o primeiro que se realiza sobre a súa vida” que axuda á recuperación da figura do bispo, pois “non se ten divulgado o suficiente sobre a súa importancia histórica, xa normalizada en círculos académicos, pero non se achegou este coñecemento á poboación”

Nas últimas semanas xa se realizaron as proxeccións-coloquios nos concellos de Sarria e Ribadeo. A actividade divulgativa inclúe tamén a creación dun podcast no que se afondará na afondará na biografía desta figura, na influencia do seu pensamento, así como no seu contexto e na relación de Prisciliano coa Gallaecia.

Datas das proxeccións

  • Vilalba – venres 9 de outubro
  • Cervantes – sábado 10 de outubro
  • Quiroga – venres 6 de novembro
  • Barreiros – venres 13 de novembro
  • Burela – domingo 15 de novembro

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...