HomesociedadeCatas riquiñas con viños da D.O. Ribeira Sacra

Catas riquiñas con viños da D.O. Ribeira Sacra

Este venres 15 de maio ás 19.00 h. comeza o ciclo con viños da D.O. Ribeira Sacra. Esta cita cos viños da D.O. Ribeira Sacra pretende tamén servir para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO, que foi un dos fíos condutores da última edición de Xantar.

Publicado o

- Advertisement -

Desde Xantar propoñen saír de viños os venres con viños das D.O. galegas. O ciclo denominado “catas riquiñas” estará guiado pola experta en catas, Mercedes González Rodríguez.

Este venres 15 de maio ás 19.00 h. comeza o ciclo con viños da D.O. Ribeira Sacra. Esta cita cos viños da D.O. Ribeira Sacra pretende tamén servir para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO, que foi un dos fíos condutores da última edición de Xantar.

Para participar e seguir esta cita gratuíta a través de zoom, é necesario inscribirse aquí. Despois só hai que descorchar unha botella de viño da D.O. Ribeira Sacra. Na inscrición pódese indicar a marca que é para que a directora da cata téñao en conta e poida dar máis matices da túa cata.

A organización desta cita que conta coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra suxire completar o encontro online cunha deliciosa tapa de polbo con queixo galego. Despois da inscrición recibirase un correo electrónico de confirmación con información para unirse ao seminario web. Tamén hai a opción de seguilo a través de Facebook Live desde a páxina de Xantar.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...